Xornal da Mariña – Un estudo sobre o lobo ibérico do IES San Rosendo de Mondoñedo, premiado a nivel estatal

Data

O proxecto do alumnado de Bioloxía do IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo ‘O da la miúda‘, para o estudo do lobo ibérico na comarca da Mariña Lucense, gañou un dos seis primeiros premios aos mellores proxectos científicos da trixésima edición do Certamen Jóvenes Investigadores, que convocan o Instituto da Xuventude (Injuve) e o Ministerio da Ciencia, Innovación e Universidades.

Trátase dun premio a unha nova iniciativa enmarcada no Proxecto Rebinxe, que tenta que o alumnado exerza un papel mediador nos conflitos entre a veciñanza e os animais á vez que se familiariza coas características das distintas especies.

Máis
artigos