Blog

O tempo da berrea

O tempo da berrea

Setembro é tempo de berrea. Nos montes do Xistral podemos desfrutar deste espectáculo en todo o seu esplendor. É a época de celo nos cervos, e os machos emiten potentes bramidos como sinal de intimidación, dirixidos principalmente a outros machos rivais para defender un territorio que consideren óptimo, no cal procurarán manter grupos de femias ou harenes.
Durante os días que dure a berrea, tentarán reproducirse co maior número de femias posible, buscando o éxito reprodutivo a través de loitas e competencia con outros machos competidores. Sospéirase tamén que os bramidos poden ter efectos sobre as femias adiantándolles o período de celo. Se as condicións físicas das femias non son as óptimas, estas retrasan a súa ovulación e o celo pode alongarse ou mesmo producirse unha berrea tardía en meses de outubro ou novembro.
Estas accións de divulgación da biodiversidade contan co apoio da Deputación de Lugo

Share

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *