Blog

Gato bravo cruzando un regueiro de montaña

Gato bravo cruzando un regueiro de montaña

O gato bravo (Felis silvestris) é seguramente un dos mamíferos de mediano tamaño dos que temos menos información, pasando a miúdo totalmente desapercibido gracias ao seu comportamento elusivo e hábitos nocturnos. A técnica de foto-trampeo permítenos obter datos de gran sobre a súa distribución, reprodución e alimentación. De igual xeito có raposo, é un bo controlador das poboacións de pequenos mamíferos como o rato de campo, a rata toupeira, ou as toupiñas.
Estes traballos de seguimento e investigación sobre os mamíferos silvestres a través do foto-trampeo son posibles grazas á axuda da Deputación de Lugo.

Share

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *