RUTA POLA SERRA DO XISTRAL 16 DE ABRIL

Ruta de interpretación biolóxica e xeolóxica no Xistral. 

O vindeiro sábado 16 de abril organizamos unha ruta de interpretación biolóxica e xeolóxica no Xistral.

A andaina comezará entre os cumios de Xistral e Teniente, para percorrer a corda que pasa polo Seixo Branco e o Coto da Lagoa. Nesta primeira parte camiñaremos arredor dos 1000m e poderemos apreciar os diferentes vales e cumios da parte neurálxica da serra. A continuación desdenceremos ata o rego dos Coruxos e finalmente voltaremos ao punto de partida da ruta bordeando a Pena da Puxeta.

Hora: 09:00h

Dificultade: media/alta

Distancia: 10 km

PARA COLABORAR COA CONTINUIDADE DO TRABALLO DE CAMPO NOS PROXECTOS DA ASOCIACIÓN

Custo socios: 5€

Custo non socios: 15€

CUBRE O FORMULARIO DE INSCRICIÓN: PRAZAS LIMITADAS

Recomendacións: roupa e calzado cómodos de montaña. O terreo pode estar enchoupado e débense bordear zonas de turbeira, polo que é sinxelo mollarse se non se ten coidado ou non se emprega calzado axeitado. Recoméndase levar unha muda.

Punto de encontro cos vehículos: Cruz de Pedra de Ferreiros

CONTACTO: actividades@rebinxe.org