Xunta de Galicia – Ángeles Vázquez salienta o potencial da mocidade para protexer e mellorar o patrimonio natural da Comunidade

Data

A conselleira mantivo esta semana unha reunión con tres representantes do Proxecto Rebinxe de Mondoñedo —Óscar Chao, profesor de Bioloxía, e dúas alumnas—, para así coñecer os proxectos e as iniciativas educativas ambientais que esta entidade da Mariña lucense está a impulsar para divulgar os valores súa contorna máis próxima. Destacou que son proxectos que serven de modelo para fomentar a concienciación coa sostibilidade e o uso responsable da esfera ambiental.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, destaca o traballo e o potencial que a acción e o compromiso da mocidade pode aportar na protección e mellora do patrimonio natural.

Máis
artigos