BAILANDO CON LOBOS
GANDERÍA E LOBOS: POÑÉNDOLLO DIFÍCIL
Bailando con lobos
Estudo das necesidades de explotacións e promoción de prácticas gandeiras e medidas de prevención que diminúan os ataques á cabana gandeira en zonas con alta densidade lobeira.
A través deste proxecto defendemos a necesidade dunha formación e asesoramento do sector gandeiro local no relativo á realidade máis inmediata da situación da poboación de lobos na zona e as medidas que poden tomar para previr ataques. As persoas que sofren os danos desta especie teñen o dereito a seren informados cos datos máis actualizados posibles. Cremos que se fai imprescindible un estudo das necesidades das explotacións afectadas, fomentando as prácticas gandeiras e medidas de prevención que diminúan os ataques en zonas de alta densidade de lobo. Con este proxecto búscase consensuar co sector unha serie de demandas prioritarias que mellorarían a convivencia entre as que destacan:
- Retomar as mesas de diálogo coa participación de todos os sectores afectados para a elaboración du documento de esixencias acordadas para presentar á administración autonómica.
- Programas de educación ambiental no eido da educación formal e informal para achegar á poboación á realidade da especie e diminuír a conflitividade.
- A creación de canles de comercialización cun valor engadido para os produtos con orixe en explotacións extensivas nas zonas con abundancia de lobos.
- Unha PAC que recolla as particularidades do gando en extensivo e do gando mostrenco e que aposte por un complemento retributivo para as explotacións en función das densidades do lobo.
- O uso de cans mastíns, peches axeitados e outras medidas en función da súa viabilidade. É necesario ofertar asesoramento gratuíto por parte de administración, e realizar unha avaliación do éxito/fracaso das medidas implantadas que rermate por mellorar os mecanismos de prevención.
- A recollida do gando menor durante as noites. Proponse a creación de programas piloto de instalación de alpendres para propietarios con poucas cabezas de ovino e caprino.
- Fomento das greas de bestas, garranos ou cabalos salvaxes. Consitúen un enorme valor medioambiental e cultural que se atopa en grave risco de desaparición. Ademais manteñen unha estreita relación presa/depredador co lobo, de modo que estes últimos seleccionan positivamente os poldros como presa preferente. Deben intentarse programas de recría e reposición, presenza de greas propiedade das administracións e axudas económicas para a posesión desde tipo de gando.
Documentos
Máis proxectos
Gracias á plataforma observation.org recollemos citas e información de diferentes especies para poñer este coñecemento en mans dos investigadores.