Blog

Cervos varais no Xistral

Cervos varais no Xistral

Os cervos varais ou varetos son os machos de Cervus elaphus de entre un e dous anos. Trátase de individuos sexualmente inmaduros e que poden vivir sós ou permanecer nos grupos familiares de femias coas súas nais e outras crías.

Reciben este nome debido a que as súas cornas non posúen ramificacións nin rosetas basais, polo que asemellan dúas varas.

Nestas imaxes observamos dous exemplares diferentes gravados no pasado mes de decembro, o segundo deles podemos diferencialo ao ter unha corna (a dereita) de menor tamaño.

Os cervos non son habituais no norte da provincia de Lugo, pero nalgunhas zonas do Xistral poden acadar densidades elevadas e distribucións reducidas froito da reintrodución ,e sobre todo da fuga de exemplares ao longo dos anos do recinto situado na Fraga Vella.



Faite soci@ e axúdanos e seguir cos proxectos en marcha!

Share

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *