Blog

Estudando a reprodución dos lobos mediante videotrampeo

Estudando a reprodución dos lobos mediante videotrampeo

Un dos obxectivos do proxecto O da la miúda é estudar a evolución de grupos de lobos a medio prazo. Un parámetro fundamental é conseguir confirmar a reprodución das mandas cada primavera. 

Loba reprodutoraLoba lactante

Como o logramos? Establecemos tres criterios que nos permiten confirmar que unha familia de lobos logrou reproducirse con éxito, que ordenados de maior a menor relevancia son os seguintes:

  1. Observación de cachorros.
  2. Identificación da femia lactante, con mamas abultadas.
  3. Imaxes da loba reprodutora en avanzado e evidente estado de xestación.

No primeiro caso falariamos dun evento que sería o máis desexable, xa que ademais aporta información dun tamaño mínimo de camada e da supervivencia dos xuvenís. Os cachorros adoitan ser identificables mesmo no mes de decembro/xaneiro, cando teñen uns 7 meses de idade.

En segundo lugar, a obtención de imaxes de femias lactantes, como as da imaxe (un mes despois dos partos, proporciona a confirmación de que o parto tivo lugar e os cachorros estanse alimentando, estimulando as mamas. Este segundo criterio aplícase con éxito durante os meses de maio, xuño e xullo, principalmente. Pasados os dous meses de vida, os cachorros serán destetados e pouco a pouco as mamas deixan de ser tan evidentes.

O terceiro criterio debe ser tomado con prudencia, pero resulta útil cando se sospeita dunha posible área de cría no territorio estudado e se observa a femia grávida en datas próximas aos partos, que normalmente teñen lugar no mes de maio.

Share

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *