Actualmente as asociacións Rebinxe e Grupo Lobo Galicia están a realizar unha recollida de mostras de feces de lobo nas catro provincias galegas.
Mediante análise coprolóxica e identificación de ovos e formas de resistencia preténdese coñecer a riqueza parasitaria da poboación de lobo na nosa comunidade.

Esta actuación conta co apoio da Deputación de Lugo grazas á cal Rebinxe puido adquirir un frigorífico/conxelador para a conservación de mostras biolóxicas.
Podedes coñecer máis sobre REBINXE na sección “colabora” nosa web, onde atoparedes como colaborar e botar unha man para continuar coas accións de divulgación e investigación.