quen somos

REBINXE

Pola Recuperación da Biodiversidade na Xeografía Rural

REBINXE é unha organización sen ánimo de lucro que nace no ano 2020 da man de profesorado e alumnado do IES San Rosendo de Mondoñedo. Supón a continuidade fóra das aulas dun proxecto de educación ambiental que comezou no 2017 e que segue en marcha no centro. REBINXE é o acrónimo de Recuperación da Biodiversidade na Xeografía Rural, e ao mesmo tempo significa rebeldía, porque cremos que cómpre rebelarse contra a destrución do noso patrimonio natural e paisaxístico e loitar por un rural con futuro da man da xuventude.

Realizamos traballos de estudo e investigación sobre a biodiversidade galega e accións de divulgación e conservación da natureza. A nosa filosofía é a de involucrar á veciñanza do rural, especialmente aos máis novos, na conservación do medio ambiente.

Queremos poñer a semente para que sexan as propias familias do rural as que participen na protección do medio natural, e fundamentalmente das especies ligadas dunha ou doutra maneira á actividade agrícola e gandeira.

Defendemos o dereito a unha vida digna no rural galego, que debe estar dotado de servizos, garantir a diversidade económica e potenciar as actividades agrogandeiras respectuosas co medio, das que depende gran parte da biodiversidade.

IMG_2483
IMG_8876
IMG_8028
0 +
concellos nos que traballamos
0 +
proxectos en marcha
+ 0 anos
loitando pola conservación