POR UN AGRO CHEO DE BIODIVERSIDADE: Investigación e fomento da presenza de fauna controladora de pragas ou beneficiosa para a agricultura

A primeira liña de traballo  de REBINXE foi o que se denominamos “Proxecto Cadullos”, que incide no estudo de diferentes especies que poden actuar como controladoras naturais de pragas, ou que resultan dalgún xeito beneficiosas para a agricultura. Estes aliados atópanse a miúdo ameazados e sobre eles pesan lendas, mitos e crenzas que dificultan a súa conservación. Falamos de mamíferos coma o raposo, o gato montés, diferentes especies de mustélidos, serpes e aves rapaces que depredan sobre micromamíferos; tamén de pequenas aves, réptiles, anfibios e mamíferos coma morcegos ou ourizos que se alimentan de insectos, lesmas ou caracois. En xeral trátase de pór en valor a importancia de manter ecosistemas agrícolas o máis biodiversos posible para evitar a aparición de pragas, fomentando a presenza tamén destes animais e rachando con mitos e crenzas que perseguen a algúns deles dende séculos.

Búscase obter datos poboacionais de interese para a súa conservación, divulgar os beneficios da súa presenza entre os agricultores da zona para reducir o uso de biocidas e realizar accións como a instalación de caixas niño e refuxios para diferentes especies.

COLABORA CO PROXECTO CADULLOS

- Tes unha horta ou explotación agrícola e queres reducir o uso de biocidas e apostar polo control biolóxico de pragas? 
- Algunha edificación está ocupada por fauna e cáusache molestias?
- Queres botarlle unha man a este tipo de fauna coa instalación de refuxios ou caixas niño na túa propiedade?

0 +
Accións divulgativas entre a poboación local
0 +
Caixas niño instaladas
0 +
Anos traballando por ecosistemas agrícolas máis diversos

Máis proxectos

Proxecto de investigación sobre o lobo na provincia de Lugo.

Captura de pantalla 2021-03-06 a las 22.19.01

Estudo das necesidades de explotacións e promoción de prácticas gandeiras e medidas de prevención que diminúan os ataques á cabana gandeira en zonas con alta densidade lobeira.

WhatsApp Image 2021-03-06 at 22.58.00 (4)

Gracias á plataforma observation.org recollemos citas e información de diferentes especies para poñer este coñecemento en mans dos investigadores.

Captura de pantalla 2021-03-06 a las 22.05.52

Iniciativa para o seguimento das poboacións de meso e macromamíferos na provincia de Lugo

PARTICIPA NOS PROXECTOS EN MARCHA

Escríbenos e indicarémosche como podes participar nalgúns dos proxectos que se están a levar a cabo.