MAMMALIA:
SEGUIMENTO DE MAMÍFEROS
Seguimento de mamíferos
Iniciativa para o seguimento das poboacións de meso e macromamíferos na provincia de Lugo que xorde de modo espontáneo tras comprobar a enorme cantidade de información que se podía extraer das labores de rastrexo e dos dispositivos de foto-trampeo adicados ao estudo do lobo. Así nace “Mammalia”, un traballo no que se recompilan os datos sobre mamíferos obtidos de modo secundario e que son postos a disposición dos e das investigadoras a través da colaboración coa plataforma Observation.org.
Co ritmo de traballo actual estanse a recoller arredor das 400 citas de mamíferos ao mes, resultando unha información moi valiosa para valorar aspectos de distribución, abundancia, reprodución, fenoloxía e etoloxía.
Documentos
Máis proxectos
Gracias á plataforma observation.org recollemos citas e información de diferentes especies para poñer este coñecemento en mans dos investigadores.
Estudo das necesidades de explotacións e promoción de prácticas gandeiras e medidas de prevención que diminúan os ataques á cabana gandeira en zonas con alta densidade lobeira.